DATAS:
1 de setembro de 2020

Día 1
Santiago / Madrid/ Viena
Recollida nos Espazos +60 e traslado ao aeroporto. Presentación no aeroporto dúas horas antes da saída do voo con destino Viena. Recollida no aeroporto. Xantar. Visita panorámica da cidade: percorreremos o seu centro, a Ringstrasse, e veremos alguns dos seus palacios e monumentos, máis importantes, como a Opera, o barrio dos museos, a praza dos Héroes, o concello….etc. Cea e aloxamento
Día 1
Día 2
Viena
Almorzo. Pola mañá realizaremos a visita do palacio de Schönbrunn, o que fora antiga residencia de verán dos Habsburgo. Veremos a Gran Galería e as dependencias da emperatriz María Tareixa e do duque Francisco de Lorena. Xantar nun restaurante en Viena e tarde libre na cidade. Á hora acordada, recollida no hotel para saír a unha magnífica cea e un fabuloso concerto de Mozart e Strauss no invernadoiro do palacio. Traslado ao hotel. Aloxamento.
Día 2
Día 3
Viena / Salzburgo / Tirol
Almorzo. Pola mañá deixaremos a capital de Austria e continuamos o noso percorrido cara ao Tirol atravesando St. Wolfgang e a rexión dos lagos austríacos. Continuación por estrada cara a Salzburgo, cidade de Mozart e dos magníficos festivais de verán, cunha urbe repleta de históricos monumentos, fermosos xardíns e situada nun enclave marabilloso. Xantar e visita panorámica da cidade, na que veremos, entre outros, a rúa Getreidgasse, a praza de Mozart, a praza do Mercado, os xardíns Mirabell etc. Seguiremos o noso percorrido ata a rexión do Tirol. Cea e aloxamento nun hotel do Tirol austríaco.
Día 3
Día 4
Tirol / Cataratas Krimml / Tren Zillertal / Tirol
Almorzo. Iniciaremos o día cunha excursión ás cataratas de Krimml. Tras unha curta camiñada entre bosques e paisaxes marabillosas, chegaremos ás cataratas, as cales en tres saltos de auga conseguen baixar 380 metros de altura, o que as converte nas máis caudalosas de toda Europa con 10 000 litros por segundo. Xantar. A continuación, tomaremos o famoso Zillertalbahn, o ferrocarril de vía estreita máis famoso de Austria, co que gozaremos dunha romántica viaxe ao pasado nos seus vagóns de pasaxeiros clásicos, mentres escoitamos o ruído relaxante das rodas, os asubíos e sopridos intermitentes da locomotora e admiramos a beleza do val do Ziller. Cea e aloxamento.
Día 4
Día 5
Tirol / Rattenberg / Alpach / Lago Achensee / Innsbruck
Almorzo. Saída para realizar unha excursión de día completo polas espectaculares paisaxes tirolesas. Iniciaremos a nosa ruta dirixíndonos cara a Rattenberg, a cidade máis pequena de Austria, onde visitaremos a fábrica de cristal Kisslinger. Seguiremos o noso percorrido ata Alpbach, situado no val de Alpbachtal, recoñecida como unha das poboacións máis fermosas de Austria nos meses de verán, cos seus tradicionais edificios revestidos de madeira e balcóns cheos de flores. Tempo libre e continuación cara á rexión do lago Achensee. Xantar nun típico chalé tirolés situado no parque natural dos montes Karwendel. A continuación, pasearemos en barco polo lago Achensee, o maior lago do Tirol, situado entre altas montañas e espectaculares paisaxes. Traslado á capital do Tirol, Innsbruck. Cea e aloxamento.
Día 5
Día 6
Inssbruk / Bergisel / Nordkette / Innsbruck
Almorzo. Saída en autobús; a nosa primeira parada será para visitar o espectacular estadio de saltos de esquí de Bergisel. Deseguido, dirixirémonos ao centro da cidade para tomar o funicular “Nordkette” que nos levará ata o “Seergrube”, a 2 000 metros de altitude, desde onde gozaremos dunhas vistas espectaculares. Xantar. Pola tarde continuaremos coñecendo a cidade, considerada unha das máis fermosas de Austria. Realizaremos unha visita panorámica: percorreremos o centro antigo e veremos, entre outros, o parque da Corte, a catedral, o Telladiño de ouro, etc. A continuación, visitaremos o palacio de Hofburg. Cea espectáculo de folclore tirolés, amenizado con bailes, cantos e música típica da rexión. Aloxamento.
Día 6
Día 7
Innsbruck / Castelo de Neuschwastenin / Múnic
Almorzo. Saída cara ao castelo de Neuschwanstein, máis coñecido como o castelo do Rei Tolo. Esta edificación, construída por Luís II de Baviera, onde viviu só 102 días, serviu de inspiración para Walt Disney cando creou o castelo de “A bela adormecida”. Saída cara á capital de Baviera, Múnic,chegada e xantar. Pola tarde, visita panorámica da cidade: percorreremos as rúas do seu centro histórico e veremos, entre outras cousas, o parque olímpico, o palacio de Nymphenburg, a praza do Rei, o barrio de Schwabing, a praza da ópera, o concello -na famosa MarienPlatz-…Poñeremos o broche final ao día cunha cea de despedida nunha famosa cervexería. Aloxamento no hotel.
Día 7
Día 8
Múnic / Madrid / Santiago
Almorzo. Tempo libre ata a hora que se indique de traslado ao aeroporto para tomar o voo á súa cidade de destino. Trámites de facturación e chegada ao noso destino final, e continuación por estrada ata os nosos lugares de orixe.
Día 8

© 2020 | Aviso legal | Cookies | Privacidad

Calle Federico Tapia, 41, 15005 A Coruña

Número de autorización XG-402